Xornalistas de todo o Estado piden poder volver exercer na educación privada e concertada

Os licenciados en xornalismo podían acceder a postos na docencia ata a chegada dun decreto en 2010. Denuncian a "discriminación" das autoridades e aseguran que coa covid faltan docentes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Modificar a normativa que impide optar a postos na educación privada e concertada. Esa é a demanda que a Rede de Colexios de Xornalistas vén de facer chegar ó Ministerio de Educación para recuperar unha posibilidade que estivo vixente entre 1995 e 2010. Neste último ano, un Real Decreto -renovado en 2015- impediu un acceso que ata entón abranguía os postos de Lingua e Literatura e Lingua Estranxeira en centros privados e concentrados.

Aula. UDL - Arquivo
Aula. UDL - Arquivo

Dende a rede aluden ó actual contexto de crise pola covid-19 "no que as bolsas extraordinarias de profesionais estanse esgotando pola demanda de profesores" para derogar esa normativa e permitir de novo o acceso ás aulas. A demanda do colectivo, pois, oriéntase a que se recoñeza a titulación en Xornalismo e os seus equivalentes como válidas para impartir a docencia das asignaturas nomeadas.

Ante esta circunstancias, o colectivo fala de "discriminación" e situación "incoherente" e piden modificar a normativa, á par que demandan dos gobernos autonómicos que que adapten as bolsas extraordinarias de acceso á educación pública. Deste xeito pasarían a recoñecer a titulación en Xornalismo como vía de acceso ás bolsas extraordinarias na Educación Pública, e que estes profesionais poidan optar á interinidade que puntúa de cara ás posteriores ofertas de emprego público.

"INDEFENSIÓN"

A petición cursada estes días cae sobre unha serie de demandas históricas ata o momento ignoradas polas autoridades. "A situación segue xerando indefensión para moitos destes profesionais, inestabilidade laboral e incerteza; e non xa só sobre o presente e futuro laboral destes licenciados ou graduados, senón que ata poida chegar a cuestionarse a validez das titulacións en ESA e Bacharelato que se emitiron e certificado polo Ministerio nos territorios onde non se observou a normativa durante todos estes anos", destacaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta