O novo fondo de investimentos que mercou Ferroatlántica anuncia un ERTE para 285 empregados

O comité anuncia mobilizacións tras as promesas incumpridas polo fondo norteamericano TPG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A nova dona das fábricas do Xallas (con anterioridade Ferroatlántica e propiedade do grupo de Villar Mir) comunicou aos traballadores a súa intención de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) debido ás actuais condicións do mercado.

Así o indica o presidente do comité de empresa, Alfonso Mouzo, en declaracións a Europa Press, tras manter unha reunión con responsables da compañía na mañá deste mércores. "Reunirémonos, faremos asembleas, pediremos unha reunión coa Xunta e convocaremos concentracións", avanzou o representante do persoal.

As plantas de Cee e Dumbría foron compradas polo fondo americano TPG en agosto do ano pasado e este cambioulles o nome de Ferroatlántica polo de Xallas Electricidade y Aleaciones (Xeal).

DESPOIS DOUTRO ERTE POLA COVID

De marzo a xullo, as factorías estiveron en ERTE debido á situación de alerta sanitaria pola pandemia da covid-19, pero agora, segundo Mouzo, a propietaria alega que "baixou o mercado" para aplicar un ERTE que foi negociado hai meses en Madrid coas centrais de carácter estatal, que "estaba en vigor" e que "non se aplicou".

O persoal ascendía a 285 traballadores repartidos entre Cee (con máis empregos porque dispón de tres fornos e oficinas de administración, laboratorio, etcétera) e Dumbría (onde hai dous fornos), pero o presidente do comité lamenta que agora son menos posto que a nova dona "non cobre xubilacións e está a reducir a actividade industrial de forma drástica".

Con todo, á súa chegada, nas negociacións previas á compra das factorías, o fondo anunciou "que ía facer investimentos", segundo lembra o presidente do comité. "Xa ven as intencións", criticou.

Fábrica de Ferroatlántica en Cee. REMITIDA - Arquivo
Fábrica de Ferroatlántica en Cee. REMITIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta