Cacerías en época de pesca

Calquera persoa que viva coma min no medio rural, ten clara esa separación socio-vital entre a época de caza e a de pesca, como se fosen universos distintos divididos por materia non mesturable. O problema sempre xurde cando algunhas escopetas de experimentados cazadores, pretenden tamén conseguir beneficios da pesca dos ríos, sen utilizar as artes axeitadas.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 05/04/2013

Comparte esta noticia
Soe pasar que en ocasións, cando un saca os pés do testo e ataca dignamente o que é unha inmundicia, os mesmos que tetricamente manexan os fíos da indecencia, pretendan “poñer no seu sitio” aos fidalgos da transparencia carentes da armadura necesaria para tan nobre causa. Seguramente os mesmos que comparten cenáculos cos fidalgos na capital do Reino, non queiran permitir que os “capitostes” de provincias marquen o ritmo que debe levar a cabalaría  na busca de xustiza, non vaia a ser que o responsable de finanzas repudiado comece a tirar das mantas que tanto calor daban ao goberno da Corte. Por iso, os mesmos de sempre, utilizan unha vez máis o modus operandi que tan bos resultados deron outras veces, e argallan sibilinamente inmundicias publicadas en imprentas alleas a súa influencia, para dar máis credibilidade á hora de executar á peza de caza maior que decidiron abater.
 
O problema vén cando os adláteres do fidalgo empezan unha “caza de bruxas”, que séculos despois será coñecida como “macarthismo”, en cotos diferentes aos que teñen a santa bárbara disposta a estourar. Eses, os acólitos, pensan que dragando en portos xeograficamente próximos poderán poñerse medalliñas ao mérito zapador, o que pasa, como tantas veces na vida, é que a orixe da cacería non ten mar ao seu arredor, senón algún que outro pantano sinistro e escuro, no que algunhas veces os bruxos que formularon pócimas ad hoc para outros fidalgos caídos, beneficiaron ao actual, mentres este servía aos seus intereses. É o que ten ás veces enfrontarse cos poderes fácticos que van deixando “Arenas” movedizas polos vieiros do servizo público, que do mesmo xeito que poden outorgarche un salvoconduto para que os representes, pódencho quitar inmediatamente cando disentes, e entón remexen onde faga falla para que o que probablemente non é, pareza que si… sen ruborizarse polos medios utilizados nin as artes deseñadas para tan innoble causa.
 
Vai ser que ao mellor o fidalgo está sufrindo o mesmo que pasaron outros, mentres acusa aos do castelo de enfronte, de algo do que xa quixeran eles poder ser responsables, mais que nada para poder ir con sólidas armas á próxima batalla…
 
Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rafael Cuiña Aparicio Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín. Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.