O inicio de curso deu un "balance moi positivo" segundo as escolas infantís privadas

A patronal de escolas infantís privadas de Galicia cifra en menos do 0,1% a incidencia do covid-19 respecto das ao redor de 10.000 prazas da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Escolas Infantís (AGADEI), que representa ao 60% dos centros privados da comunidade, fixo un balance "moi positivo" do inicio do curso, no que as incidencias por casos de coronavirus detectados "concentráronse en catro escolas" das 200 que hai en Galicia.

Nun comunicado emitido este mércores, a asociación destaca que "en todos os casos o contaxio foi externo e non houbo transmisión entre o alumnado ou o persoal do centro".

Deste xeito, a patronal de escolas infantís privadas de Galicia cifra en menos do 0,1% a incidencia do covid-19 respecto das ao redor de 10.000 prazas da comunidade.

"Grazas aos protocolos instaurados pola administración autonómica e os plans de continxencia das escolas, facendo especial fincapé nos grupos de convivencia estable, coloquialmente chamados grupos burbulla, a trasmisión do virus freouse nos centros", sinalou a presidenta de Agadei, Beatriz Igrexas, que apela á responsabilidade das familias para que o curso siga adiante coas escolas "o máis seguras posible".

Escola infantil
Escola infantil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta