Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/09/2020 | Actualizada ás 10:15
A Garda Civil de Verín tomou declaración a un septuaxenario en calidade de investigado por un incendio forestal rexistrado no municipio de Laza.
Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigado a A.T.R., de 79 anos e veciño de Ourense, como investigado como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado día 12 de setembro en Camba, no municipio de Laza.
Neste lume resultaron afectadas 49 hectáreas de monte raso e na súa extinción participaron seis axentes forestais, 18 brigadas da Xunta, catro vehículos motobomba, unha pa, dous avións de carga en terra, efectivos de Garda Civil e veciños do lugar.
As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.