A alcaldesa da Coruña reclama á Xunta que asuma as súas "competencias" na desinfección de colexios

Por E.P. | A CORUÑA | 17/09/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reclamou á Xunta que asuma as súas "competencias" na desinfección dos centros educativos, tras os casos positivos de COVID rexistrados en catro aulas de tres centros coruñeses.

Coincidindo coa súa visita ás obras acometidas no comedor do CEIP Curros Enríquez, tanto a rexedora como o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, confirmaron que os positivos afectan, ata o momento, a catro aulas de tres centros: o Rosalía de Castro, cun positivo nunha profesora; o Ramón da Sagra, neste caso dous irmáns; e o Fernández Latorre, cunha aula afectada e un positivo dun alumno.

Tras facerse públicos estes casos, a alcaldesa fixo un chamamento á "calma e á tranquilidade", aínda que considerou "lóxico" que os pais estean "preocupados" ante "catro aulas con alumnos e alumnas en corentena". Con todo, insistiu en que os protocolos "están a funcionar" e que o concello está a facer "todo o que está na súa man". "Asumindo competencias impropias como é a desinfección deste tres centros".

"Unha competencia que é da Xunta e que fixo caso omiso onte ás chamadas e peticións do concello", criticou. Á Administración autonómica reprochoulle que "non asuma o custo sobrevindo das desinfeccións" que se realizan "para evitar máis prexuízos aos centros escolares". Mentres, o concelleiro de Educación confirmou que o colexio Ramón da Sagra se desinfectó este mércores, mentres que nos outros dous centros os labores realízanse este xoves.

A alcaldesa, Inés Rei, nunha comparecencia xunto a edís do goberno local. ANDY PEREZ - Arquivo
A alcaldesa, Inés Rei, nunha comparecencia xunto a edís do goberno local. ANDY PEREZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta