O BNG subiría tres décimas nas eleccións xerais, até o 0,8%

O PSOE continúa cun apoio electoral superior ao 31% mentres o PP cae ata o 18%, segundo o CIS.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/09/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O BNG acadaría un 0,8 por cento en estimación de voto nunhas eleccións xerais, lixeiramente superior ao 0,7 por cento detectado polo Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente do mes anterior.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego | Fonte: Europa Press.

Ademais, detecta unha intención directa do voto que supera a barreira do 5 por cento, concretamente, ascende ao 6 por cento, un dato que se produce despois das eleccións autonómicas do mes de xullo nas que o BNG se situou como segunda forza política en Galicia.

Nas eleccións xerais de 2019, a formación nacionalista logrou un 0,5 por cento de votos e obtivo representación no Congreso cun deputado ao sumar máis de 120.000 votos.

Segundo a sondaxe feita pública este xoves polo organismo que preside José Félix Tezanos correspondente ao mes de setembro, o PSOE continúa cun apoio electoral superior ao 31% mentres o PP cae ata o 18%.

Mentres se constata a liña ascendente de Ciudadanos, que lograría un apoio do 10,6%; outorga a Unidas Podemos unha intención de voto do 12,2% e a Vox calcúlalle un apoio do 11,7%.

A enquisa, baseada en 2.904 entrevistas telefónicas realizadas 1.082 municipios e 50 provincias entre o 1 e o 7 de setembro, ten unha marxe de erro de máis menos 1,9%, e xa anticipa que un 16,3% da mostra aínda non sabe a quen votaría e un 11,4% ten decidido absterse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Cuñagramos

O nostrus pensando que o seu partido (os viraventos laranxas de Cs) vai gañar as vindeiras eleccións estatais... Qué tal no parlamento galego, xa tedes asento na tribuna, cidadadanciñosneoliberaissocialdemócratasnacionalistas EspaÑa...

1 nostrus

Tédelo vos bastante mais difícil. Antes un camello pasa polo ollo de unha agulla que Galicia se convirta nunha nación independiente. Seguide esperando e non perdades a fe e pensade que os xudeos levan miles de anos esperando polo mesias e inda non a perderon. Pensade tamen que vos levan miles de anos de ventaxa.

3 Sentidiño

Pasa do 0,5 do total do estado nas últimas xerais, a un 0,8%. O aumento é "un case nada" do 60%. Eu non creo nas enquisas do cis, pero habelas hainas.

1 nostrus

Cas enquisas non se consola quen non quere. C´s acada un 10,6 e sube case 2 puntos, catro veces mais que o bloque e doce veces mais votos.

2 Sentidiño

Viva a cociña! Comparas o censo de só catro provincias co censo total de cincuenta: vexo que tampouco se che dan as matemáticas...

3 nostrus

Sentidiño. As enquisas refirense a nivel nacional e o bloque representa a vontade do 0,8% da poboacion española e C´s o 10,6% da vontade da poboacion española, agora vai ser que o voto desas catro provincias vale mais ca o resto. logo discutídesme que o nacionalismo non e unha mestura racista-fascista. C´s foi unha mágoa que se lle subira o éxito a cachola, subiron ao ceo e baixaron ao chan, pero dos erros tamén se aprende.

2 nostrus

Que suba o bloque non é boa nova, inda que sexa un case nada, pero si esa é a vontade do pobo........En xeral é malo para a liberdade, malo para as personas que non desexan ser evanxelizadas obrigatoriamente, malo para o progreso. É bon socialmente que medren partidos que aposten pola diversidade, a cocordia, o benestar, o mestizaxe, o bilingüismo. Fuxide dos feitizos do bloque, porque como consigan o poder que lles gustaria ter imos saber o que vale un peine.

1 Gan Dhul

No fondo pareces boa persoa. Por iso se a xente quere independencia maioritariamente sei que o aceptarás porque es demócrata. E non van facer contigo un sándwich, non te preocupes. E galego xa sabes, así que, que problema podes ter?

2 nostrus

Pues claro que acepto el resultado de un referendum democrático entre todos los que tenemos derecho a opinar, que no son ni mas ni menos que todos los propietarios de la finca llamada España. Ahora bien, para que yo acepte realizar un referendum, tambien tu tienes que aceptar el referendum que quiera hacer yo. Podriamos hacer un referendum para ver si queremos una república ¡perfecto!, pero tambien podremos hacer otro sobre el cupo vasco, podremos hacer otro para definir la oficialidad lingüistica que nos colaron con la Constitucion, definamos cual va ser la lengua oficial para todos los españoles y podemos elegir entre gallego, castellano, catalán, esukera, podemos decidir si catalán es oficial o no. En fin podemos hacer tantos referendums como queramos. ¿Estarías de acuerdo?. Mejor no arriesgarse que los referendums los carga el diablo.

1 Gamela

Seguirmos a facer enquisas "electorais" en tempos de pandemias... non vaia a ser o demo !