O BNG pide a recolocación "urxente e digna" dos 13.500 refuxiados do campamento grego de Lesbos

Ana Miranda asina unha carta dirixida ao presidente do Goberno para que o Estado español acolla a "parte" desas persoas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/09/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, asina unha carta dirixida ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, para que o Estado español acolla a "parte" dos 13.500 refuxiados que "malviven desde hai meses" na illa grega de Lesbos tras o incendio no campamento de Moria.

Ana Miranda, no campamento de Moria, en marzo
Ana Miranda, no campamento de Moria, en marzo | Fonte: BNG.

"Se o que sucedía en Moria en marzo era terrible, con miles de persoas no campamento, o que sucede agora é inaceptable e a Unión Europea non pode mirar cara a outro lado", denuncia Miranda.

A nacionalista considera que "o mínimo que se pode facer por persoas que foxen da fame e da guerra é tratalas e acollelas con dignidade".

"Esperamos que o 23 de setembro, data na que está previsto que a Comisión Europea presente a súa proposta para coordinar as políticas de asilo retorno, teñamos un proxecto que dea resposta ás persoas", subliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estamos na época de enviar CARTAS ! Pero alomenos esta carta sí que podería levala en man o deputado Rego en lugar de falar dos cadros que colgan nos corredores do Congreso ! E a pregunta do millón: os refuxiados de Moria poderán vir a Galicia (ou tampouco) ? https://i.gal/gamela13