A curva de contaxios non dá baixado con case 250 novos positivos diarios

Soben en 11 os casos activos de COVID en Galicia ata os 4.317.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia aumentaron en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 248 novos positivos na Comunidade galega e rexistrarse 233 novas altas, ademais de catro falecementos.

Segundo os datos facilitados este venres pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan nas áreas de Lugo --27 menos--, Ferrol --seis menos-- e Santiago --outro catro menos--.

En concreto, dos 4.317 casos activos rexistrados en Galicia, 1.237 corresponden á área sanitaria da Coruña --un máis que este xoves--, 745 á de Lugo --27 menos--, 631 á de Santiago --catro menos--, 611 á de Pontevedra --27 máis-- 511 á de Ourense --oito máis--, 406 á de Vigo --12 máis-- e 176 á de Ferrol --seis menos--.

Ata o momento, segundo os datos actualizados por Sanidade, curáronse en Galicia 16.297 persoas, o que implica 233 máis que este xoves, e faleceron 705 persoas con COVID-19.

Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo (A Coruña). CONCELLO DE ABEGONDO
Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo (A Coruña). CONCELLO DE ABEGONDO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta