Santiago multiplica por dez as multas por festas en pisos desde xullo

Tramitou 115 denuncias. Aumentaranse os controis co inicio do curso universitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

As forzas da orde formularon desde o mes de xullo un total de 115 denuncias por festas realizadas en pisos de Santiago de Compostela, segundo as cifras ofrecidas polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este venres.

Así, a cifra de denuncias por festas en vivendas este verán multiplica por dez as rexistradas hai un ano, o que evidencia, en palabras de Bugallo, "maior control" sobre estes episodios por parte das forzas da orde e que existe "un desprazamento" do lecer nocturno "da vía pública cara a pisos".

Neste sentido, e tras destacar a "concienciación" da Policía Local de Santiago co control destas festas, o rexedor apelou á responsabilidade persoal, especialmente nun momento do ano no que se prevé un incremento das festas co comezo do curso universitario mentres o lecer nocturno está limitado polo peche de bares e pubs ás 01,00 horas da madrugada.

BELVÍS E SAN PEDRO

Cuestionado sobre as denuncias de veciños dos barrios de Belvís e San Pedro sobre a "inseguridade" na zona, Sánchez Bugallo afirmou que "está reforzada o servizo de vixilancia policial" na zona, pero non está en mans do concello actuar sobre as ocupacións de vivendas.

"O desaloxo de vivendas ocupadas só o pode emprender o propietario e só o pode ordenar o xuíz", incidiu Bugallo, que defendeu que "non hai ningún tipo de tolerancia cara ás ocupacións" por parte do concello, pero "non hai nada que o goberno local poida facer".

Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta