O PPdeG apoia a "batería de nomeamentos" de Feijóo e di que a oposición "tenta politizar" o inicio escolar

O secretario xeral, Miguel Tellado, afirma que hai un "goberno sólido e único para facer fronte a un mandato que será extraordinariamente complicado".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, manifestou o apoio dos populares á "batería de nomeamentos" que se empezaron a efectivizaron no seo do executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo e lamentou o "intento de politización" que, dixo, buscouse co inicio do curso escolar en Galicia.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG | Fonte: PP.

Tellado compareceu este venres en rolda de prensa para abordar distintos aspectos de actualidade e salientar que os resultados das eleccións autonómicas permitiron que Galicia teña un "goberno sólido e único para facer fronte a un mandato que será extraordinariamente complicado", tanto no plano económico, social e sanitario.

Na súa intervención, referiuse ás primeiras actuacións de Feijóo e o seu goberno, como a recuperación da actividade lexislativa co envío das leis que quedaran pendentes: a lei de impulso da demografía en Galicia, de pesca continental e de ordenación do territorio.

O dirixente popular non quixo imaxinar que pasaría se houbese un goberno "multipartito" que arrebatase a maioría ao PP, pero agregou que "non hai mellor espello que o Goberno que temos hoxe en España". "Afortunadamente, temos un goberno cun proxecto único, rumbo claro e preparado", contrapuxo.

Tellado destacou os "fitos" desta semana: o reforzo de profesores anunciado para o curso escolar, a renovación de equipos na Xunta e a tramitación de leis pendentes.

CURSO ESCOLAR

En canto ao curso escolar, asegurou que se "dá resposta á principal demanda educativa" e conveu que é "de xustiza" dar o agradecemento ao profesorado polo seu "compromiso e profesionalidade" no arranque escolar. Iso si, lamentou que "uns poucos quixesen politizar e usala como arma política contra un goberno lexitimado polas urnas". en referencia á oposición.

En canto á "batería de nomeamentos", Tellado dixo que é "coherente" e "combinan experiencia e renovación" coas "novas necesidades de Galicia". Destacou que os novos altos cargos están "ilusionados" cos retos de futuro e agradeceu tamén a quen favoreceron " as substitucións e recambios".

"Cremos que estamos a cumprir co compromiso alcanzado nas urnas de pór a funcionar canto antes todas as institucións autonómicas, adaptarnos ao contexto cambiante e demostramos que seguimos traballando en todas as frontes para combater a pandemia e reactivar todas as actividades da forma máis breve posible", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta