Denuncian novos destrozos no antigo cárcere da Coruña

Proxecto Cárcere lembra que leva dez anos pedindo protección para este edificio, referente da memoria histórica da cidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/09/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Proxecto cárcere denuncia novos destrozos no antigo cárcere da Coruña. Desta volta, os desperfectos tiveron lugar na garita exterior da antiga prisión provincial.

Destrozos realizados no antigo cárcere provincial da Coruña
Destrozos realizados no antigo cárcere provincial da Coruña | Fonte: Proxecto Cárcere

"Unha vez máis, e xa van incontables, o abandono institucional por parte de SIEPSE a Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña levan a que de novo o edificio sufra a barbarie tanto das administracións coma neste caso, a xente descerebrada que destroza sen motivo aparente e xustificado un ben común situado en zona protexida pola UNESCO", critica a entidade nun comunicado.

Por iso, o colectivo que leva 10 anos promovendo unha solución ao abandono deste edificio que queren converter nun espazo da memoria, denuncia o desleixo do concello na protección deste cárcere e lembra que seguirán tentando convertir a prisión provincial nun lugar para lembrar a memoria histórica do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta