Soben os casos de Covid en cinco das sete áreas sanitarias

Con todo, hai un descenso de novos casos, que pasan de case 300 a 223 en 24 horas. Só a área de Lugo e a Coruña rexistran descensos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Galicia detectou en 24 horas un total de 223 novos positivos por coronavirus, o que supón un descenso nos contaxios con respecto aos últimos días e, máis concretamente, unha importante baixada en relación ao sábado, cando se notificaron 281. Con todo, o número de casos activos subiu este domingo en cinco do sete áreas sanitarias galegas.

Segundo o parte diario facilitado pola Consellería de Sanidade, elaborado con datos de última hora do sábado, as persoas curadas subiron ata as 16.758, o que implica que se deu de alta a outros 233 pacientes de COVID-19. En canto aos falecementos, nas últimas 24 horas producíronse outras cinco e o total de vítimas da pandemia ascendeu a 715.

Así, os casos activos de COVID-19 --é dicir, o número de persoas que contan coa enfermidade-- reportados este domingo descendeu en 15, polo que o total colócase en 4.350.

En concreto, os datos de Sanidade indican que cinco das sete áreas sanitarias da Comunidade rexistran unha subida no número de casos activos. A que máis crece é a de Ourense, con 527 persoas contaxiadas --18 máis que este sábado--. Tamén ascenden os casos activos en Pontevedra-O Salnés, ata 658 (+7); Vigo, ata 440 (+9); Santiago, a 637 (+11); e Ferrol, ata o total de 184 (+13).

No lado oposto, a área da Coruña e Cee, que continúa acumulando o maior número de casos, baixa este domingo en 45 as persoas coa COVID-19 activa, ata 1.178. Así mesmo, caen na área sanitaria de Lugo, ata 726 (-18).

Test COVID-19 en Galicia
Test COVID-19 en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta