Feijóo apunta que os delegados da Xunta "serán teléfonos de atención ao cidadán"

Do "sexto" delegado territorial, Antonio Rodríguez Miranda, que xurou o cargo, destacou que é "unha persoa coñecida e querida na emigración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2020 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu a benvida este luns aos novos delegados territoriais do Goberno autonómico na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, a quen instou a ser "a cara e os ollos" do Executivo nos seus respectivos territorios e a actuar como "teléfonos de atención ao cidadán".

O cinco novos delegados territoriais --Gonzalo Trenor (A Coruña), Javier Arias (Lugo), Gabriel Alén (Ourense), Luisa Piñeiro (Pontevedra) e Marta Fernández-Tapias (Vigo)-- e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomaron posesión dos seus cargos nun acto en San Caetano

Fixérono ante familiares, o propio Feijóo, os seus antecesores e outras autoridades autonómicas, como o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, tamén líder provincial do PP en Pontevedra. Non faltaron os presidentes provinciais do PP na Coruña, Diego Calvo; Lugo, Elena Candia; e Ourense, Manuel Baltar; así como o secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado.

Nun escenario marcado pola pandemia, Feijóo puxo deberes aos novos delegados, así como ao "sexto delegado" no exterior, Rodríguez Miranda, con experiencia xa á fronte de Emigración. E de todos reivindicou "a súa experiencia", que "non chegan a aprender" e que asumirán as súas responsabilidades sen "botar a culpa aos demais".

Así mesmo, no seu papel de ligazón entre a Xunta e os cidadáns, o mandatario autonómico tamén incidiu no importante que resulta que haxa un bo labor de coordinación coas deputacións e cos concellos.

O presidente chanceou con que, dado que aínda acaban de asumir o cargo, non pode dedicarlles tantos "eloxios" como aos cargos que se despiden das distintas delegacións, todos con asento na Cámara galega e, nalgún caso como o da viguesa Corina Porro, na Mesa do Parlamento.

AGRADECIDO AOS SAÍNTES

Así, Feijóo recoñeceu o labor de José Manuel Cores Tourís, "unha persoa que coñece ben as necesidades de Pontevedra e a importancia da serenidade e da tranquilidade para diagnosticar problemas e, sobre todo, buscar solucións".

Tamén deu as grazas a José Manuel Balseiro, "que durante este últimos catro anos percorreu varias veces a provincia de Lugo" e fixo "miles de quilómetros" para servir a todo o seu territorio. E a Marisol Díaz Mouteira, "unha técnica sólida" que coñece "moi ben" a provincia de Ourense.

Tamén deu as grazas a Corina Porro, que agora desde a Mesa do Parlamento "seguirá siriviendo a Galicia, á provincia de Pontevedra e a Vigo". E a Ovidio Rodeiro, que "con talante e ilusión estivo sempre á beira dos concellos da Coruña".

A DELEGADA DE PONTEVEDRA XUROU E PROMETEU

No acto, xurou o seu cargo marta Fernández-Tapias, de quen Feijóo destacou a "visión global" que, tras o seu paso pola Dirección Xeral de Administración Local, achegará a Vigo e á súa área co fin de que siga sendo "un polo industrial potente" que camiñe cara á "reactivación económica".

"Xuro e prometo" foi a fórmula empregada por Luisa Piñeiro, exalcaldesa de Moraña e agora delegada en Pontevedra, de quen Feijóo reivindicou o seu coñecemento do rural pola súa formación e tamén de "as súas xentes". Así mesmo, deu a benvida a Gabriel Alén, exalcalde de Cenlle e "moi bo coñecedor da provincia de Ourense".

Alén optou pola fórmula de xurar o cargo, mentres que Javier Arias, de quen o presidente destacou o seu traballo como xefe territorial da Consellería de Infraestruturas en Lugo, o que lle outorga coñecemento sobre "a comunicación e a vertebración da provincia", prometeuno.

Tamén prometeu Gonzalo Trenor, delegado na Coruña e de quen Feijóo lembrou que "estivo como director do Plan Ferrol e, por tanto, coñece ben a necesidade dos lugares máis castigados pola crise".

Do "sexto" delegado territorial, Antonio Rodríguez Miranda, que xurou o cargo, destacou que é "unha persoa coñecida e querida na emigración".

Fotos Xunta. Presidente / Toma De Posesión Delegados Territoriais. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta. Presidente / Toma De Posesión Delegados Territoriais. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Haberá que ir buscando os números de teléfono (case mellor un correo-e en tempos de dixitalización e teletraballo) para comunicar todo que aínda queda por facer en Galicia ! E mentras toman posesión nos despachos, ben podíamos enviarlle un tuit ao Presidente, para que inclúa na axenda política unha Renda Básica Universal sen demora, antes de que o 2021 nos leve a todos por diante ? https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

Delegacións territoriais da Xunta de Galicia : ao fondo da páxina : https://www.xunta.gal/vicepresidenc...