O asesor xurídico do Concello de Muros non entende “el gallego”

O ex-edil Xosé Ramón Farinós carga contra o asesor xurídico do Concello por obrigar aos veciños a que se expresen en castelán, xa que di no entender a lingua propia do país. BNG e CxG apoian a Farinós logo de ser denunciado polo xurista e denuncian irregularidades na súa contratación e actuacións. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Muros | 09/04/2013 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

A Asemblea Comarcal do BNG de Muros-Noia, na xunta celebrada o pasado venres, logo de proceder á renovación do Consello Comarcal, acordou a aprobación dunha resolución de apoio ao militante de Muros, Xosé Ramón Farinós López, denunciado polo asesor xurídico do Concello, José Luis Barro, ao ter criticado o primeiro o feito de que o traballador municipal obrigue aos veciños que atende a que se expresen en castelán, xa que di no entender “el gallego”.

Para o BNG, a actitude deste traballador municipal "vén afondar na campaña orquestrada nos últimos anos polo españolismo máis reaccionario, embarcado nunha especie de “nova reconquista”, que busca en última instancia a eliminación da lingua e cultura propias do noso país, en beneficio do español. 

"Instamos á alcaldesa de Muros ao cumprimento da ordenanza municipal do uso do galego, hoxe en vigor, e a que lle lembre aos traballadores locais a necesidade do seu cumprimento, tanto na atención aos veciños,  como na elaboración de todo tipo de expedientes municipais", denuncian os nacionalistas.

O Bloque advirte de que é o propio asesor, denunciante neste caso, o que “pon trabas aos veciños que se expresan en galego, o cal, segundo a ordenanza municipal onde se regula o uso do galego, o incapacita para exercer o cargo”. Así, desde o BNG de Muros esíxenlle á alcaldesa Caridad González (PSOE), “o cese do mesmo nas súa non definida función pública”.

Pola súa banda, a formación Compromiso por Galicia amosou tamén o seu apoio a Xosé Ramón Farinós. María Xose Alfonso criticou a acción xudicial levada a cabo polo asesor xurídico do Concello de Muros, convencida de que esta persoa "non esta en situación de demandar a ninguén e que, como veciño de Muros, só se limitou a opinar sobre unha actuación, cando menos, criticable".  

María Xosé Alfonso defendeu que Xosé Ramón Farinós só se limititou a expresar a súa opinión ante un claro incumprimento por parte do asesor xurídico do Regulamento do uso da lingua galega no Concello de Muros, ao obrigar, de xeito "ditatorial", a veciños de Muros a que falasen en castelán. Dende Compromiso Por Galicia instan a Caridad González  a que "faga valer o regulamento e, polo tanto, tome as medidas oportunas con este señor, que lonxe de resolver os problemas dos muradáns se está a converter nun problema para eles".

Irregularidades

Para o BNG, o asesor xurídico do Concello está ademais “asinando irregularmente papeis como xefe da área de urbanismo do Concello de Muros”. E denuncian que forma parte dunha empresa chamada Ginebra Holding Trust SL, se cadra, “mofándose unha vez máis dos muradáns, como se esta empresa fose a Standard Oil de Rockefeller e Muros fose o Chicago do século pasado”, critica o BNG.

Pola súa banda, CxG considera que non se encontra en situación de demandar a ninguén, pois a súa propia situación no Concello "é ilegal, posto que leva dende o mes de xuño do ano 2012 cobrando 2.571,25€ sen contar nin tan sequera cun contrato asinado". 

O BNG elaborou un vídeo onde o asesor xurídico declara nun xuízo que non entende o galego, polo que o xuíz vese na obriga de pedirlle á xente que declare en español:

Coa colaboración dos xornais colaboradores Certo e QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

2 Nemigo

noentiendeelgallego? pois haberá que falarlle en inglés!

1 Coiro

E o nacionalismo na verza. Van desfacer o país e nós mirando, logo diremos aquelo de; mexan por nós e dicimos que chove quente, pero non hai piares nin estrutura, no edificio da nación galega, cos que termar destes ataques da dereitona españoleira máis resesa. Desfannos en cero coma, fan unha campaña na caverna mediática e axiña gaña un dos seus, e mira que a Galica do bipartito foi a máis fermosa das que temos coñecido. Para derrubar a Ferrín só necesitaron un par de artigos, xa estabamos aquí coa cacharela preparada para queimalo á primeira. Cainitas somos pero queremos independencia :)