Illado parte do equipo decanal da Facultade de Humanidades en Ferrol por un positivo en Covid-19

Os afectados están en illamento desde o venres e a UDC asegura que o centro abriu as súas portas este luns "con normalidade".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 21/09/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Parte do equipo decanal da Facultade de Humanidades e Documentación en Ferrol, correspondente á Universidade da Coruña (UDC), atópase illado desde o pasado venres tras dar positivo en coronavirus uno dos seus membros. No entanto, segundo aseguran fontes da universidade, o centro abriu este luns as súas portas aos alumnos do novo curso 2020/21 "con normalidade" e co plan de continxencia activado.

Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR
Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press.

De acordo con esta folla de ruta, a persoa que se contaxiou de COVID-19 está de baixa laboral, mentres que o resto do equipo decanal, que está en illamento tras manter reunións co positivo, comezou o novo curso en teletraballo.

Así, tal e como recalcan as mesmas fontes da UDC, os alumnos que este luns acudiron á facultade, que oferta catro graos e dous másteres, puideron iniciar as clases "sen problema".

O plan da universidade coruñesa para o comezo do curso contempla, entre outras cuestións, a realización de test serolóxicos ao seu persoal docente, investigador e de administración e servizos.

Este mesmo luns, o reitor da UDC, Julio Abalde, valorou que a docencia arrincou "con normalidade, dentro da anormalidade" dunha pandemia, á vez que pediu a aqueles estudantes e empregados que presenten síntomas ou que estivesen en contacto cun positivo que "teñen que quedar no seu domicilio" e desenvolver a súa actividade "con teleformación ou teletraballo", como é o caso da Facultade de Humanidades e Documentación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta