Festas e reunións familiares, principais causas dos gromos en Ourense

A Xunta e a Subdelegación do Goberno apelan á prevención neste tipo de celebracións.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/09/2020 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, apelou este martes á previsión en reunións e celebracións, "principais orixes dos gromos" de Covid-19 que se detectan na provincia ourensá.

Así o informou a Delegación da Xunta en Ourense despois de que o delegado territorial e o xerente da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Féliz Rubial, mantivesen este martes un primeiro encontro para analizar a situación sanitaria da provincia e os proxectos previstos nesta materia.

A incidencia do coronavirus Covid-19 entre a poboación ourensá centrou gran parte da reunión, destacaron por parte da Delegación da Xunta, que lembrou que a Consellería de Sanidade "incluíu a Ourense e Verín no grupo de concellos con restricións" pola situación do coronavirus en ambos.

O delegado territorial agradeceu aos profesionais sanitarios a "entrega e dedicación" para loitar contra a pandemia pola Covid-19 e asegurou que "poden contar con todo o apoio e respaldo do Goberno galego".

Ademais, incidiu na necesidade de "respectar todas as medidas de prevención", en especial en reunións e celebracións, "principais orixes dos brotes que se están detectando na provincia", sinalou.

O delegado da Xunta en Ourense e o xerente da área sanitaria ourensá, ademais, tiñan previsto na mañá deste martes participar, no encontro con directores e coordinadores covid dos centros educativos ourensáns para presentar o proxecto de reforzo educativo.

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, co xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial.. DELEGACIÓN DA XUNTA EN OURENSE
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, co xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial.. DELEGACIÓN DA XUNTA EN OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta