Galicia camiña cara ao deserto demográfico coa perda de 180.000 persoas en 15 anos

O país perdería o 6,6% da súa poboación en 2035.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Galicia perdería 178.257 habitantes nos próximos 15 anos se se manteñen as tendencias demográficas actuais, de acordo coa proxección que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, estas proxeccións sitúan en 2.523.98 a poboación residente na comunidade galega a 1 de xaneiro de 2035, cando na mesma data deste ano o dato alcanza as 2.702.244 persoas. Iso implicaría un descenso do 6,6%.

Esta diminución concentraríase no saldo vexetativo, o que resulta entre nacementos e falecementos, que sería negativo en 18.856 persoas en 2024, en 20.053 en 2029 e noutras 20.324 en 2034. Mentres, con datos positivos (5.116 en 2024, 7.695 en 2029 e 9.629 en 2034) situaríase o saldo migratorio co estranxeiro e tamén o saldo migratorio interautonómico (531, 977 e 1.342, respectivamente).

DATOS ESTATAIS

Pola súa banda, o Estado español gañaría case un millón de habitantes nos 15 próximos anos e máis de tres millóns ata 2070 se se mantivesen as tendencias demográficas actuais, nun contexto no que a poboación de 65 e máis anos suporía o 26,5% do total 2035, segundo as proxeccións de poboación para 2020-2070 publicadas polo INE.

Segundo estas proxeccións, nos 15 próximos anos España gañaría 954.497 habitantes (un 2,0%), ata superar os 48 millóns de persoas en 2035. En 2070 a poboación alcanzaría os 50,6 millóns, cun incremento de 3,2 millóns de persoas.

O INE precisa que o progresivo e ininterrompido aumento das defuncións, sempre superior ao número de nacementos, daría lugar a un saldo vexetativo negativo durante todo o período proxectado, que sería superado polo saldo migratorio positivo, o que provocaría un aumento de poboación durante todos os anos do período proxectado.

O aumento de poboación deberíase por tanto, exclusivamente, á migración internacional, o que produciría que a poboación nada en España diminuiría e pasaría de representar o 85,2% do total a un 66,8% dentro de 50 anos. En canto ao número de nacementos, seguiría reducíndose ata 2027, continuando coa tendencia iniciada en 2009. No entanto, o INE precisa que, a partir de 2028, os nacementos poderían comezar a aumentar debido á chegada ás idades de maior fecundidade de xeracións cada vez máis numerosas, en concreto, as nadas a partir da segunda metade dos anos 90. A pesar diso, os nacementos sempre estarían por baixo das defuncións.

Parella De Anciáns Paseando. EUROPA PRESS - Arquivo
Parella De Anciáns Paseando. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

Se queremos manter servizos no rural, potenciar a natalidade, manter as aldeas vivas, incrementar a creatividade e dispoñer de man de obra cualificada con ganas de traballar teríamos que espabilar antes de que outros países nos collan a dianteira ofertando asilo aos millóns que agardan unha oportunidade (?) https://i.gal/gamela13 Este mundo sería moito mellor se non estiveramos financiando a AVARICIA duns poucos ! (SAREB metida a promotora inmobiliaria para ricos! E a prensa demonizando Okupas!)

2 anonimo

Ou sexa, que se non estivera o PP Galicia estaría chea de nenos !!!. Pois vai ser que non. Asturias e o Pais vasco son sitios moi envellecidos, e ahí nunca gobernou o PP. as causas económcas influen , pero tamén as causas culturais. Agora, botar o panfletiño de sempre, é moito mais doado.

1 Amancio

A proxección di que, en termos absolutos, Galicia vai ser a segunda comunidade con máis perda poboacional. En termos relativos van estar por diante Castela e León, Asturias e Estremadura (PP e PSOE). Euskadi vai perder un 1%, Galicia un 6%. Tanto ten que goberne PP ou PSOE, o modelo de subordinación á aspiradora madrileña é o mesmo.

1 Moine

Viva o PP! A seguir-lhe votando. Que os rapazes lhe dem as graças aos seus pais e avós por votar PP ou outros partidos coloniais. Nengum povo é inocente da sua história.