Rebelión en Más País Galicia contra a "incapacidade" do seu xefe autonómico

Membros da rama galega do partido piden a Madrid que arrinque o proceso para renovar a cúpula galega e depoñer ó actual xestor.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Movementos nas bases de Más País en Galicia. A piques de cumprirse un ano da fundación do partido -inscrito o 25 de setembro de 2019- a débil estrutura da formación en Galicia está a abanearse logo do golpe na mesa dos seus inscritos contra o actual xefe autonómico. O terremoto arrincou a comezos da semana do luns 21, cando o rexeitamento ó presente xestor cristalizou nunha carta de repulsa que está a circular entre as bases da formación.

Iñigo Errejón xunto á candidata pola Coruña ao Congreso dos Deputados nas pasadas eleccións, Carolina Bescansa, e a exalcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, durante o acto de clausura de campaña en Madrid. Jesús Hellín - Europa Press
Iñigo Errejón xunto á candidata pola Coruña ao Congreso dos Deputados nas pasadas eleccións, Carolina Bescansa, e a exalcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, durante o acto de clausura de campaña en Madrid. Jesús Hellín - Europa Press

Na misiva destácase o aniversario da formación para referir o seu nacemento como unha ferramenta "coa que traballar por un futuro verde, libre e xusto", circunstancias que -destacan- pasan por facer "política útil" para "axudar á xente". Neste aspecto, subliñan ademais que o papel de Máis País en Galicia pasa por unha actitude "activa e propostiva" que non está a ter lugar baixo a actual dirección.

"Cremos que Máis Galicia debe ser un espazo vivo, dinámico e integrador, capaz de armar un proxecto para todas e todos", destacan antes de sinalar que "neste tempo", o actual xestor autonómico "non cumpriu coas tarefas organizativas básicas coas que comezar a traballar dunha maneira plural, inclusiva, aberta e participativa".

Ante esta circunstancias, os rexistrados denuncian publicamente o "silencio e ocultismo" do xerente, "así como a súa incapacidade para a creación de espazos de traballo". "Consideramos que un proxecto político serio e responsable non debe nin pode ser reducido a catro persoas nun grupo pechado. O interese colectivo debe primar sempre sobre os intereses individuais", declararon.

PETICIÓN A MADRID

Nesta situación, a misiva finalizada solicitando aos responsables estatais a convocatoria dun "proceso constituínte" para a organización en Galicia que pasaría por establecer un calendario de presentación dos diferentes documentos e candidaturas. O obxectivo, destacan, sería "debater e poñer en marcha as formulacións que permitan o paso á creación dunha estrutura territorial e de traballo", é dicir, renovar a actual cúpula autonómica.

Ata o momento o documento foi asinado por unha trintena de ex-candidatos, apoderados, voluntarios e inscritos, que destacaron o seu "total convencemento" de que "é o momento de traballar por cambiar a situación en Galicia e arrincar un proceso aberto e democrático que cristalice no nacemento da organización". "Asinamos co total convencemento de que serán moitas máis as voces que se unan a este desexo", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nin sabiamos que existiran (?) Quen vén sendo ese xestor autonómico de Máis Galicia? Bescansa ?