Alvedro "resiste mellor a crise" que outros aeroportos nacionais segundo o Concello da Coruña

O concelleiro da Coruña de Turismo, Juan Ignacio Borrego, resalta que, dada a "dura situación que estamos a vivir a consecuencia da pandemia, os datos do aeroporto de Alvedro están moi por encima da media".

Por E.P. | A CORUÑA | 22/09/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña destaca que o aeroporto de Alvedro "resiste mellor a crise" que outros aeródromos españois e remarca que os datos acumuldos de xaneiro a xullo sitúanlle como "o décimooctavo en España, dúas posicións por encima con respecto a 2019".

"De feito, no período 2018-2019 Alvedro foi o terceiro aeródromo español en canto a crecemento entre os aeroportos españois de máis dun millón de pasaxeiros e pasaxeiras".

"O seu crecemento de pasaxeiros situouse no 10,3%, máis do dobre da media do conxunto na rede de AENA, que é dun 4,4%. Deste xeito, Alvedro resiste mellor a crise de demanda global xerada pola COVID-19 que outros aeroportos españois", engade.

O concelleiro da Coruña de Turismo, Juan Ignacio Borrego, resalta que, dada a "dura situación que estamos a vivir a consecuencia da pandemia, os datos do aeroporto de Alvedro están moi por encima da media". Tamén afirma que o goberno local traballará "con todas as partes involucradas no seu progreso para que a tendencia continúe sendo de crecemento".

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta