Condenan a Yosi, líder de Los Suaves, a traballos para a comunidade por coaccións á súa exparella

Durante oito meses ten prohibido achegarse ou comunicarse coa denunciante, unha muller que foi a súa parella sentimental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O cantante José Manuel Domínguez 'Yosi', líder da banda ourensá Los Suaves, foi condenado a traballos en beneficio da comunidade por un delito de coaccións á súa exparella.

En concreto, a condena foi emitida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ourense tras un xuízo rápido celebrado o pasado 21 de agosto no que o cantante recoñeceu os feitos e aceptou por conformidade a sentenza, contra a que non cabe recurso.

En concreto, Yosi deberá cumprir 20 días de traballos en beneficio da comunidade e, durante oito meses, ten prohibido achegarse ou comunicarse coa denunciante, unha muller que foi a súa parella sentimental.

O cantante, de 72 anos, está afastado dos escenarios coa súa banda desde o ano 2016, cando sufriu un accidente durante un concerto. Desde aquel momento, as súas aparicións foron moi puntuais e este mesmo ano deixaba entrever nas súas redes sociais a súa posible retirada definitiva.

José Manuel Domínguez, Yosi, cantante de Los Suaves
José Manuel Domínguez, Yosi, cantante de Los Suaves | Fonte: dena flows

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta