O BNG pide medios para as citas presenciais en Atención Primaria mentres a Consellería di que aumentaron un 30%

O conselleiro de Sanidade asegurou que "o compromiso" con Atención Primaria que recolle o programa electoral co que o PPdeG gañou as eleccións "persiste" e "aí están as previsións de incremento orzamentario e de profesionais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, cifrou nun 25-30 por cento as citas de Atención Primaria que actualmente son presenciais tras priorizar, na medida do posible, a atención telefónica e a distancia durante os meses máis duros da pandemia. Neste sentido, defendeu as distintas fórmulas "complementarias" á cita no centro de saúde, fronte a un BNG que reclamou medios para aumentar a asistencia física.

A do conselleiro de Sanidade foi a primeira intervención dun membro do Goberno nun pleno ordinario desta lexislatura e recibiu un aplauso notorio da bancada popular tras a súa primeira intervención cando volveu sentar ao escano, que ocupa á beira da conselleira de Política Social, Fabiola García.

Comesaña interviu en resposta a unha interpelación formulada pola deputada do BNG Montse Prado, quen lamentou que o persoal de Atención Primaria está "sobrecargado" e teñen que "citar e descitar" aos pacientes pola "sobrecarga asistencial" que ten que soportar o equipo médico. "A poboación sente que está desatendida", dixo, para asegurar, a continuación, que o persoal está "a facer de muro" fronte a unha poboación que é "unha bomba de reloxaría que vai explotar".

O conselleiro de Sanidade asegurou que "o compromiso" con Atención Primaria que recolle o programa electoral co que o PPdeG gañou as eleccións "persiste" e "aí están as previsións de incremento orzamentario e de profesionais".

Comesaña apelou a que a situación da pandemia "influíu nas circunstancias de desenvolver" o plan de atención primaria e defendeu que a actividade presencial "mantívose sempre", aínda que coa situación de confinamento incrementouse a atención telefónica, unha media "non exclusiva" de Galicia e que é "razoable" e na que Galicia tiña "vantaxe" porque a levaba aplicando desde 2013.

REDUCIR PRESENZA DE PERSOAS CON COVID

Ademais, remarcou que este tipo de cita permite detectar sintomatología e "diminúe o risco" de transmisión de covid. "Nesta segunda onda epidémica, faise imprescindible que as persoas con covid só acudan para atención presencial cando sexa necesario", agregou o conselleiro, quen recoñeceu que haberá que camiñar para recuperar a atención presencial pero combinado coa telefónica como "complementaria".

O titular de Sanidade tamén lembrou o seguimento de pacientes crónicos e a asistencia telemática a través do programa Telea, que tivo un "éxito notable". Así mesmo, lembrou que a Atención Primaria conta tamén con hospitalización a domicilio e a PAC, que todos forman "unha rede ampla, 24 horas ao día e 365 días ao ano".

Ademais, na súa intervención defendeu que se atenderon "" as demandas de non superar 30 citas ao día e ter por baixo de 1.500 o número de cartóns sanitarios por facultativo. "As persoas que necesitan atención, a PAC e as urxencias, nunca pecharon. Contamos con medios para que o acceso fose resolutivo e evitar incomodidades e riscos", aseverou.

Montse Prado advertiu de que "hai que desconfinar a Atención Primaria" e sinalou que para incrementar a atención telefónica, necesitaríanse " máis profesionais, porque xa están saturados". "O futuro da sanidade non pode ser a atención a distancia", sinalou.

Montse Prado (BNG) camiña cara á tribuna de intervencións mentres o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, fala coa titular de Politica Social, Fabiola García, tras a súa comparecencia.
Montse Prado (BNG) camiña cara á tribuna de intervencións mentres o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, fala coa titular de Politica Social, Fabiola García, tras a súa comparecencia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta