Un condutor morto na Veiga tras envorcar o camión de grava que conducía

Tamén na provincia de Ourense, concretamente en Pereiro de Aguiar, produciuse sobre as 18,30 horas un accidente de circulación. Tivo lugar na estrada OU-536, onde chocaron dous vehículos.

Por E.P. | OURENSE | 22/09/2020 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia



Unha persoa faleceu na tarde deste martes no municipio ourensán da Veiga tras envorcar o camión que conducía, que transportaba grava. Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17,00 horas no lugar de Pradolongo.

Ata a zona mobilizouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, así como efectivos dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, axentes de Tráfico, Policía Local e Protección Civil.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros comprobaron que era necesaria a intervención dun guindastre con pluma para levantar o camión e acceder á cabina do vehículo, que quedara encaixada nunha roca. Ao liberar ao condutor, os servizos sanitarios só puideron certificar o seu falecemento.

ACCIDENTE EN PEREIRO DE AGUIAR

Tamén na provincia de Ourense, concretamente en Pereiro de Aguiar, produciuse sobre as 18,30 horas un accidente de circulación. Tivo lugar na estrada OU-536, onde chocaron dous vehículos.

O 112 mobilizou, ademais da persoal sanitario do 061, á Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de San Cibrao e aos membros do GES e de Protección Civil da localidade. Unha persoa necesitou asistencia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta