"Preocupación" no Colexio de Xornalistas pola "opacidade" coa que a Xunta xestiona a pandemia

Esixen maior "transparencia" á hora de divulgar datos que si se coñecen noutras comunidades autónomas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Toque de atención á Xunta de Galicia pola xestión da comunicación na pandemia. O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de solicitarlle ó Consellería de Sanidade que "faga públicos" datos sobre a crise sanitaria que ata o momento permanecen sen comunicar. Entre estes, o Colexio nomea "casos novos diarios, o tipo de test polo que foron obtidos ou a incidencia acumulada nos diferentes municipios", cifras que esixen en "formatos de datos abertos, reutilizables e inseridos en series históricas completas".

Feijóo, en rolda de prensa
Feijóo, en rolda de prensa | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

As demandas do Colexio, canalizadas nunha misiva ó novo conselleiro, oriéntanse a poñer fin ás "dificultades que están as ter os e as xornalistas para acceder á información do cadro da crise sanitaria", uns obstáculos seguidos con "preocupación" no Colexio. "A Xunta ten o deber de divulgar todos os datos sobre a pandemia de maneira accesible para toda a cidadanía", destacan facendo referencia ó artido 20 da Constitución Española, que recoñece o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

"OPACIDADE"

"A libre disposición dos datos sobre a pandemia para os medios e a cidadanía en xeral permitiría ás e aos profesionais da información analizar toda unha serie de elementos epidemiolóxicos, socioeconómicos e demográficos que poden contribuír a entender mellor o desenvolvemento da pandemia", destacan.

As críticas do Colexio á Xunta céntranse en que "Galicia é neste momento, xunto a Estremadura, a autonomía máis opaca do Estado na comunicación de datos sobre a Covid-19". Neste aspecto, destacan que "só algúns autos xudiciais feitos públicos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia permiten coñecer parcialmente algúns datos pormenorizados sobre a enfermidade", feito que, ademais, revirte nunha disparidade na información dispoñíbel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Colexio de Xornalistas parece que non ten moita preocupación no que respecta ao dereito a comunicar e recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión cando non denuncia a política de levantar MUROS DE PAGO en plena pandemia e coa crise económica que esta conleva (?) Como mostra bastaría este artigo https://www.lavozdegalicia.es/notic... parece que non basta co IMPAGO de ERTEs e o estancamento burocrático do IMV senón que tamén os xornais SUBVENCIONADOS queren facer negocio coa miseria da xente (?) Algo está a pasar, pero a Colexio non lle importa ? https://i.gal/gamela22