A alcaldesa da Coruña pide "diálogo institucional" para ter un acordo sobre os peiraos coruñeses

Inés Rey tamén sinalou "desde a condonación da débeda ata a máis que necesaria e urxente conexión a Punta Langosteira".

Por E.P. | CORUÑA, A | 23/09/2020 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou ao "diálogo institucional", coa implicación da administración local, autonómica e estatal, para a procura dun acordo sobre os peiraos coruñeses.

A preguntas dos xornalistas, tras a rolda de prensa de presentación do proxecto 'Respira Cultura', asegurou que estas conversacións se iniciaron coa chegada do novo goberno local para retomar "o diálogo institucional roto durante o anterior mandato con algunhas institucións, entre elas a Autoridade Portuaria".

Por outra banda, lembrou que se asinou un convenio coa Universidade da Coruña (UDC) para realizar un estudo en materia de mobilidade.

Mentres, insistiu en que os obxectivos son "a revisión dos convenios do 2004" e do posterior protocolo subscrito entre o Goberno do PP e a Xunta. Nos primeiros, acordouse financiar o porto exterior coa venda dos peiraos e no segundo mantíñase a venda de San Diego a partir de 2027.

A estes obxectivos, a rexedora sumou "desde a condonación da débeda ata a máis que necesaria e urxente conexión a Punta Langosteira".

Inés Rey criticou, especialmente, o protocolo subscrito en 2018 "dando as costas ao concello e ao anterior alcalde". "Intolerable, isto ten que que estar por encima de cuestións de tipo político, non se pode deixar de lado á cidade".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a iniciativa 'Respira Cultura'. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a iniciativa 'Respira Cultura'. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta