Ourense tinguirá de verde a Ponte Romana este xoves para pór en valor o traballo dos farmacéuticos

Queren "destacar o papel crucial" que os farmacéuticos desempeñan na transformación da saúde "desde todos o ámbitos profesionais" nos que exercen.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense (COFO) decidiu secundar unha iniciativa promovida polo Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España con motivo do Día Mundial do Farmacéutico, que se celebra o próximo día 25, polo que na noite deste xoves a ponte romana tinguirase de verde.

Segundo informou a entidade colexial, a acción 'A farmacia ilumina a cidade' propón iluminar de verde (a cor representativa do colectivo) os monumentos máis significativos de España e, na cidade das Burgas, o punto elixido será a ponte romana.

Deste xeito, durante a noite do 24 ao 25 de setembro, este monumento, explicou a entidade colexial, "será iluminado cunha potente luz verde para pór en valor o traballo que o noso colectivo realizou durante a pandemia", sinalou o presidente do COFO, Santiago Leis Vence.

A lema elixido pola Federación Internacional Farmacéutica (FIP), como impulsora da celebración do Día Internacional da Farmacia, foi este ano 'Transformando a saúde global'. Con el, indicaron, queren "destacar o papel crucial" que os farmacéuticos desempeñan na transformación da saúde "desde todos o ámbitos profesionais" nos que exercen, destaca Leis Vence.

Este ano, de maneira especial, "a FIP quere destacar o importante labor da profesión farmacéutica durante a pandemia tanto para deter a súa propagación como para garantir sempre o acceso aos medicamentos", abundou o presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense.

Vista frontal da ponte romana de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo
Vista frontal da ponte romana de Ourense. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta