Negativas 12 das 13 PCR feitas tras un positivo no centro Príncipe Felipe de Pontevedra mentres se espera a última

No entanto, tanto os menores como os traballadores que deron negativo, manterán a corentena prescrita polas autoridades sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/09/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra informou este mércores de que xa deron negativo 12 das 13 PCR realizadas aos contactos próximos dun menor do centro Príncipe Felipe que deu positivo por COVID-19, mentres que se esperan os resultados da última delas.

En concreto, a detección deste caso supuxo illamento e PCR para seis mellores e sete traballadores do centro, que foran contactos estreitos. A Deputación xa informou o luns de que os menores deran negativo e agora precisa que tamén foron negativas as probas a seis traballadores. A institución está aínda á espera do resultado da última PCR.

No entanto, tanto os menores como os traballadores que deron negativo, manterán a corentena prescrita polas autoridades sanitarias --os menores no centro e os empregados nos seus domicilios--. En canto ao menor que deu positivo, atópase ben e segue asintomático.

Centro Príncipe Felipe. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Centro Príncipe Felipe. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta