Ferido un menor tras chocar co súa bicicleta contra un turismo en Valga

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Un menor foi evacuado a un centro hospitalario ao resultar ferido na noite deste pasado mércores despois de chocar a bicicleta na que circulaba e un turismo no municipio de Valga.

Segundo informou o 112 Galicia, o choque entre a bicicleta e o turismo causou lesións de diversa consideración ao ciclista, un menor, que foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

O 112 Galicia tivo constancia de deste sinistro ás 21,15 horas deste mércores a través da chamada dunha persoa particular que situou o accidente na N550, á altura da Igrexa de Setecoros, en Valga.

Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Padrón.

Imaxe dunha bicicleta accidentada.. GARDA CIVIL
Imaxe dunha bicicleta accidentada.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta