Os socialistas coruñeses esixen "reforzos" en urxencias e pediatría

"Como hai poucos pediatras, derívanse as consultas e as revisións de nenos sans a Primaria, o que axuda a colapsar o sistema", denuncian.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/09/2020 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

O grupo de Sanidade da Agrupación Provincial Socialista da Coruña esixiu á Xunta "reforzos inmediatos nas urxencias hospitalarias e en servizos como pediatría, que xa tiñan problemas antes da pandemia do coronavirus". Ademais, demandan "maior transparencia" cos datos de COVID-19 por concellos.

Tras unha reunión por videoconferencia, advirten que "o problema de pediatría é xa estrutural, pendente de reposición desde antes da COVID-19". "Se non se pon servizos a disposición do cidadán, é cando se produce o despoboamento do rural", advirten.

"Como hai poucos pediatras, derívanse as consultas e as revisións de nenos sans a Primaria, o que axuda a colapsar o sistema", engade tamén Jesús Pedreira, secretario de Sanidade dos socialistas coruñeses. Con respecto á información dos afectados por COVID, o PSOE indica que "hai alcaldes que se queixan da falta de información que teñen os concellos".

Os socialistas consideran tamén inasumible "o incremento das consultas telefónicas na sanidade pública, que están ben para adiantar algo de consulta pero non poden substituír a atención presencial". Por outra banda, denuncian a "xestión nefasta" nas residencias e apelan a apostar por un modelo de xestión "pública".

Consulta de pediatría. SAS - Archivo
Consulta de pediatría. SAS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta