Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 09:00
Fin de semana cargado de conciencia ecolóxica. Galicia prepárase para un dos grandes actos da axenda verde de cada ano: a limpeza simultánea de ríos de todo o país. A iniciativa, impulsada pola plataforma ADEGA, contará con participación activo en 49 concellos de toda Galicia, onde se sumarán un total de 58 entidades de natureza diversas e mesmo 12 concellos que co-organizan directamente a actividade.
Deste xeito, a iniciativa contará cun grande apoio popular na XIII das súas edicións. O proxecto, artellado baixo o lema "Móllate polos ríos", contará con participación en Concellos como A Estrada, Cabrallo, Melide, Ponteareas ou Rianxo, así como Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, entre outros. Configúrase así unha ampla rede de colaboración espallada nas catro provincias cun obxectivo compartido: velar pola limpeza dos ríos e reforzar a conciencia ecolóxica da socieadade.
O punto clave desta xornada é que a limpeza, prevista para o domingo 27 de setembro, realizarase de xeito simultáneo en todos os concellos adheridos á iniciativa. A xornada encádrase así no seo da Semana Global de Accións polo Clima. Segundo destacan dende ADEGA, o proxecto ten por finalidade "dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais" e "amosar as súas problemáticas" para "fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos".
MEDIDAS ANTICOVID
As actuación de limpeza serán desenvoltos de acordo cun protocolo preestablecido para os casos destas actuacións. Segundo destacan dende a asociacións, os voluntarios que se sumen á iniciativa serán agasallados con máscaras protectoras que portarán o lema da limpeza. Neste aspecto, explican tamén que serán respectadas as indicacións pertinentes en relación á situación da pandemia.
"Dende o Proxecto Ríos recomendamos que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.