O "escándalo" da Xunta cos rastrexadores: de "contar con 6.000" a dicir que "non existen legalmente"

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública acusa ó Goberno galego de "recorrer ó engano e a falsidade permanente".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Novo episodio de críticas á xestión sanitaria da Xunta. As declaracións do actual Conselleiro de Sanidade do Parlamento Galego a respecto dos rastrexadores comezan a colleitar as primeiras mostras de rexeitamente por parte das asociacións en defensa do sector. Julio García Comesaña botou leña ao lume dos ataques á xestión "opaca" da Xunta ao anunciar que os rastrexadores da covid "non existen" a nivel legal.

Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo

A intervención de Comesaña -replicada nas últimas horas por Feijóo en termos similares- vén de ser duramente criticada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública en tanto que choca coas declaracións anteriores da Consellería, que non hai moito presumía de contar con 6.108 rastrexadores. "Resulta escandaloso que a mesma administración admita agora que estes legalmente 'non existen' dentro do sistema sanitario", destacan dende a asociación.

As críticas da AGDSP chegan para sumarse á crecente serie de ataques á xestión "opaca" da Xunta de Galicia, iniciada pola Deputación de Pontevedra e continuada polo Colexio de Xornalistas e CIG-Ensino. Neste aspecto, a asociación dá un paso máis e acusa á Xunta de dificultar a "implicación e colaboración cidadá" ao quebrar a "confianza na administración" por "recorrer ao engano e a falsidade permanente".

"A MORTALIDADE EVITABLE ESTASE DISPARANDO"

Neste aspecto, a denuncia da AGDSP céntranse en que a Xunta publique "de maneira inmediata" as listas de espera hospitalarias para coñecer os efectos do peche de "moitos centros de saúde". Esta circunstancia, segundo denuncian, está a provocar o "retardo" da actividade dos servizos hospitalarios e a suspensión de "miles de consultas" probas diagnosticas e intervencións cirúrxicas. "Como consecuencia, a mortalidade evitable estase disparando", indican de acordo con "estudos e asociacións profesionais

UN SISTEMA DE RASTREXO CON "MOITO POR MELLORAR"

A intervencion de Comesaña no Parlamento Galego non permitiu aclara o número exacto de rastrexadores, unha cuestión sobre a que pende a polémica logo de que multitude de sanitarios incluídos nas listaxes pola Xunta anunciaran non ter recibido comunicación algunha por parte do órgano autonómico.

Comesaña evitou, unha vez máis, aclarar o número exacto de rastrexadores dos que dispón o SERGAS ao apuntar que se trata "dun proceso" non dun posto. A resposta do novo Conselleiro de Sanidade chega xusto cando expertos como o epidemiólgo Juan Gestal comezan a advertir das deficiencias do sistema de rastrexo de Galicia, incapaz de determinar a orixe dos contaxios de covid "no 79'4%" dos casos, unha proporción moi por riba da media do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Ayuso ou Feixóo, a mesma cousa son. Non gobernan, só "comunican". E en Galiza son moitos máis os medios lacaios do goberno autonómico.