Por Europa Press / Redacción | Madrid | 24/09/2020 | Actualizada ás 19:03
O galego Emilio Bouza, ex-xefe de Servizo de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, foi nomeado portavoz do Grupo Covid-19 da Comunidade de Madrid.
A función deste doutor galego natural de Vilalba (Lugo) será atender "as demandas informativas da sociedade" que deriven deste equipo, que busca "dar seguimento e resposta á evolución da pandemia na Comunidade".
Desde o Goberno rexional subliñaron a "destacada traxectoria asistencial, científica e investigadora" do doutor Bouza. É experto en Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía e fundador da Sociedade Española de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.