Luz verde ao convenio para a posta en marcha do pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra

Pretende desenvolver accións para protexer, xestionar e ordenar esta comarca.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu este xoves luz verde ao convenio para a posta en marcha do pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra, co que se pretende desenvolver accións para protexer, xestionar e ordenar esta comarca que abarca municipios das provincias de Ourense e Lugo.

Vendimiadores en viñedos da Ribeira Sacra luguesa
Vendimiadores en viñedos da Ribeira Sacra luguesa | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

O convenio involucra á Administración autonómica, Fegamp e o Consorcio Turismo Ribeira Sacra, entidade representada por 21 concellos, segundo informa a Xunta nun comunicado.

O plan de acción estratéxico para esta área declarada de especial interese estará financiado na súa totalidade con fondos autonómicos e contará cun orzamento de 550.000 euros para o próximos tres exercicios.

Entre as medidas que inclúe esta acción está a elaboración de esgrafiados, obras de mellora en núcleos de gran interese arquitectónico, a delimitación de itinerarios, a organización de eventos culturais ou a posta en marcha dunha mostra itinerante sobre a Ribeira Sacra que percorrerá Galcia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta