Detida en Verín polo cobro fraudulento de máis de 140.000 euros dunha pensión de invalidez

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Verín detivo a unha cidadá portuguesa polo cobro fraudulento de máis de 140.000 euros dunha pensión de invalidez desde 2005.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 11,30 horas deste xoves foi detida a cidadá portuguesa M.D.Q., de 57 anos de idade e veciña das Ferreiras Ríos.

Á arrestada é presunta autora dos delitos de falsidade documental e usurpación de estado civil en relación co cobro fraudulento dunha pensión de invalidez permanente desde 2005.

Para cobrar máis de 140.000 euros desde 2005 por esa pensión utilizou "documentación falsa", destacaron as mesmas fontes.

Material atopado
Material atopado | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta