Os prezos industriais caen un 2,2% en agosto en Galicia e encadean 15 meses de retrocesos

A diferenza do conxunto estatal, este indicador rexistra unha repunta dunha décima en variación intermensual na comunidade

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/09/2020 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

Os prezos industriais baixaron un 2,2% en agosto en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, de modo que encadean 15 meses de retrocesos, como a media estatal, aínda que moderan a caída desde a taxa anual do 4,6% de xullo, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En relación co mes anterior, este índice rexistrou na comunidade galega un lixeiro incremento, do 0,1%, fronte ao descenso do conxunto do estado. Así as cousas, acumula un descenso do 2,2% no que vai de ano.

Por subgrupos, a enerxía anotouse unha diminución do 6% anual, seguida pola redución do 2% dos bens intermedios. Ao lado contrario, experimentaron subidas respecto de agosto de 2019 os bens de equipo (+0,5%) e os de consumo (+0,4%).

Con todo, se o que se observa é a evolución desde xullo, baixaron os prezos dos bens de equipo (-0,5%) e os de consumo (-0,2%), mentres que ascenderon un 0,8% os da enerxía e un 0,3% os de equipo.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, os prezos industriais baixaron un 0,2% en agosto en relación ao mes anterior e moderaron a súa caída ao 3,5% en taxa interanual. Co recorte interanual de agosto, que é máis dun punto superior ao rexistrado en xullo (-4,8%), os prezos industriais encadean 15 meses consecutivos de taxas negativas.

Evolución dos prezos industriais en Galicia en agosto. EPDATA
Evolución dos prezos industriais en Galicia en agosto. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta