Baltar salva as contas da Deputación de Ourense co apoio de Ciudadanos e do díscolo de DO

Queda no aire a vicepresidencia da entidade que ostenta Armando Ojea, de DO, fiel a Pérez Jácome.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salvou o inicio de tramitación dos orzamentos da institución para o ano que vén co voto favorable do díscolo de Democracia Ourensá e de Cs, fronte á postura en contra do seu vicepresidente Armando Ojea, fiel a Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da capital que vive unha crise tras romper o pacto de goberno.

Esta votación deixa no aire o posto da Vicepresidencia que ocupa Ojea, posto que Baltar xa avisara de que se votaba en contra das contas da institución provincial non podería seguir ocupando este posto por falta de confianza. Quen si votou a favor foi o representante que exerceu como portavoz de Democracia Ourensá, José Miguel Caride, quen se enfrontou a Jácome no Concello de Ourense.

Con todo, Baltar non necesitaría sequera os votos dos seus socios de goberno, posto que o representante de Ciudadanos, Monte Lama, votou favorablemente aos orzamentos por,  "responsabilidade" cos cidadáns, "igual" que en Xinzo de Limia, cando apoiou as contas de socialistas e nacionalistas, aínda que "non necesitaban" o seu voto.

Foto de arquivo do pleno da deputación provincial de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo
Foto de arquivo do pleno da deputación provincial de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta