Miguel Caride nega ser un tránsfuga e revela que Democracia Ourensana agora "non ten" representante legal

O BNG tamén quería que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, dese explicacións sobre as mocións de censura de Castrelo de Miño e Viana do Bolo, en que o Bloque perdeu a alcaldía co apoio de "tránsfugas".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 25/09/2020 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

Miguel Caride, principal representante dos críticos de Democracia Ourensana e que ocupa un posto na Deputación de Ourense e no Concello, defendeuse no pleno provincial das acusacións de tránsfuga nun discurso no que revelou, apelando a unha acta do rexistro de partidos do Ministerio do Interior, que a súa formación política non conta actualmente con ningún "representante legal" nomeado.

O debate dunha moción impulsada polo BNG sobre transfuguismo, que contou en dous do seu tres puntos co apoio do outro deputado provincial de DO, Armando Ojea, serviu de terreo de xogo para abordar a situación que vive a capital provincial, cunha crise de goberno na que o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, só conta actualmente co apoio doutros dous edís.

A moción sobre transfuguismo obtivo o rexeitamento de todos os deputados do PP e do propio Caride, mentres que Ciudadanos e Armando Ojea (Democracia Ourensana) apoiaron os dous primeiros puntos, referidos a unha ratificación do apoio do pacto antritransfuguismo.

Con todo, o BNG tamén quería que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, dese explicacións sobre as mocións de censura de Castrelo de Miño e Viana do Bolo, en que o Bloque perdeu a alcaldía co apoio de "tránsfugas", en palabras de Bernando Varela (Bloque). Este aspecto concreto só contou cos votos favorables dos nacionalistas e socialistas, mentres que nesta ocasión Ojea e Ciudadanos sumáronse ao "non" de populares e o outro deputado inscrito en Democracia Ourensana.

Miguel Caride, do sector 'crítico' de Democracia Ourensana
Miguel Caride, do sector 'crítico' de Democracia Ourensana

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta