Asasinan un alto oficial venezolano fillo de emigrantes galegos da Estrada

Os pais da vítima viven actualmente na localidade estradense de O Foxo, a cal a propia vítima visitaría nalgunha ocasión, e aínda non puideron viaxar ao país latinoamericano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Viberto Quinteiro Pérez, almirante da armada venezolana de 55 anos e fillo de dous emigrantes da Estrada, foi asasinado a tiros no estado de Miranda, en Venezuela, o pasado 7 de setembro.

Segundo confirman fontes do municipio galego, os pais da vítima viven actualmente na localidade estradense de O Foxo, a cal a propia vítima visitaría nalgunha ocasión, e aínda non puideron viaxar ao país latinoamericano.

De acordo con medios locais, o asasinado era membro da armada venezolana e o luns 7 de setembro viaxou desde a cidade de Valencia, no estado de Carabobo, cara a Ocumare del Tuy, no estado de Miranda, para negociar a compra dun camión ofertado a través de Facebook.

Segundo relatan os mesmos medios, conducía unha camioneta con outras dúas persoas no momento dos feitos. Tras chegar ao momento onde ía comprobar o vehículo, os supostos vendedores cambiaron a localización e conducírono ata un canellón nos Vales do Tuy.

Alí, Viberto Quinteiro Pérez foi acurralado por un grupo armado e, aínda que tentou fuxir, foi tiroteado ao acelerar a marcha da camioneta, relatan os mesmos medios locais. Os seus acompañantes, que saíron ilesos do crime, chamaron á policía e trataron de levalo a un centro sanitario sen éxito.

Centro da Hermandad Gallega en Venezuela
Centro da Hermandad Gallega en Venezuela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta