O primeiro proceso de funcionarización da Xunta será en outubro e "con todas as garantías sanitarias"

O goberno galego puntualizou que se trata dun proceso de carácter voluntario que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito da aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso selectivo para ter esa condición de persoal laboral fixo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia



A Xunta de Galicia celebrará o 3 e 4 de outubro as probas do primeiro proceso de funcionarización "con todas as garantías sanitarias", despois de que as autoridades autorizasen o protocolo Covid-19 elaborado polo Executivo galego.

Segundo informou a Consellería de Facenda, os exames, nos que participarán uns 900 empregados públicos, terán lugar no recinto da Feira Internacional de Silleda, con capacidade para 6.900, segundo as resolucións publicadas este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Este é, destacou a Xunta, o primeiro proceso de funcionarización que se realiza na Administración pública galega, e inclúese no Acordo de Concertación Social do Emprego Público de Galicia asinado entre o Goberno galego e os sindicatos CC.OO. e UGT a principios de 2019.

A Xunta puntualizou que se trata dun proceso de carácter voluntario que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito da aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso selectivo para ter esa condición de persoal laboral fixo, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira a través dun procedemento selectivo específico.

Participantes nas probas de oposicións no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Participantes nas probas de oposicións no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta