Detectado un novo gromo de "orixe social" no Barco con cinco casos, un hospitalizado

Ascenden a nove os casos do gromo detectado o luns de orixe social e familiar en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/09/2020 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco detectou un novo gromo de "orixe social" con cinco casos no Barco de Valdeorras, un deles dun menor, e entre os que se inclúe un home hospitalizado.

Unha sanitaria prepara probas PCR
Unha sanitaria prepara probas PCR | Fonte: Europa Press.

Segundo informou esta área sanitaria, este gromo afecta a unha muller de 54 anos, tres homes de 52, 26 e 49 anos --este último ingresado no Hospital Público de Valdeorras-- e un menor.

Por outra banda, ascenden a nove os casos do gromo detectado o luns de orixe social e familiar en Ourense, con seis mulleres contaxiadas --de 43, 47, 35, 59, 62 e 94 anos--, un home de 46 anos e un menor, ao sumar unha muller de 55 anos, indicaron as mesmas fontes.

Pola súa banda, soben a sete casos o gromo tamén de orixe social e familiar detectado en Ourense --con tres homes de 54 (dous homes) e 55 anos e dúas mulleres de 34 e 51-- ao sumar dous novos vinculados que corresponden a un mozo de 36 anos e un menor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta