“Entrada no outono”

Parece ser que as súas señorías o outono failles saír do letargo dos meses de estío e veñen con forza. O outono político que comeza ten temas de gusto e opinión.

Por Juan Carlos Piñeiro | Foz | 29/09/2020

Comparte esta noticia

A dereita conservadora e a extrema dereita do Estado están que suben polas paredes porque o Rei non pode ir a Barcelona á entrega dos despachos xurídicos. Coma sempre a escusa posta polo goberno non é boa, como un Estado manifesta publicamente que non pode garantir a seguridade dun membro do organigrama, que visión pública internacional estamos dando? A realidade é que era moito máis fácil contar a verdade. As forzas nacionalistas de Cataluña apertan os orzamentos e o goberno está na obriga, e máis doado, e tamén é obriga da figura do Xefe de Estado facer este tipo de concesións, entendo eu que en aras de preservar a contenda política, vaille no cargo, a non ser que a VOX se lle ocorra que abdique e o propoña na súa moción de censura de oferta.

O Rei Felipe VI e Pedro Sánchez. MONCLOA
O Rei Felipe VI e Pedro Sánchez. MONCLOA

A chave esta nese senso, a maioría parlamentaria é a que é, tamén a realidade nacional do Estado é a que é, por iso esta situación cabrea a quen cabrea, aos que queren ver o Estado Español como un monólito. A realidade é fría e a política ten que ser dialogo e negociación, pese a quen lle pese.

O segundo capitulo interesante é o dos indultos aos presos do procés, a busca dun marco de dialogo para rebaixar a tensión en Cataluña pasa necesariamente por iso, mais interesa ás forzas estatais? Eu coido que non, PODEMOS xa non fala de Estado Plurinacional, porque o seu líder xa se considera un home de estado, terrible símbolo da nosa realidade política.

Canto mellor lle iría a España co desenvolvemento total dos Estatutos de Autonomía e da realidade plurinacional, pero non vai ser desta. A lexislatura dos asesores formados en series americanas: Ala Oeste, House of cars ... non é dende a miña opinión a propicia para este debate. Para mostra o despregue americano da “cimeira bilateral” entre España e Madrid moi digno de guionistas americanos se non fose unha afronta a identidade de Galicia, Euskadi e Catalunya dende onde se pide unha relación bilateral que nunca chega. O dito un outono interesante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA