Un morto en 63 accidentes acontecidos esta fin de semana

76 persoas resultaron feridas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2020 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 76 persoas debido a 63 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas, das que unha morreu.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 25 de setembro e as 23,59 horas do domingo 27 un total de 83 chamadas en relación con sinistros de tráfico. O sábado foi a xornada con máis accidentes, cun total de 30.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 77. En concreto, as ambulancias realizaron 71 saídas; o helicóptero medicalizado, unha; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 17 ocasións recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro. A proporción de homes atendida ascendeu ao 53 por cento e a de mulleres reduciuse ao 47%. En canto ás idades dos feridos, o 32 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña, con 31 sinistros, foi a provincia con máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 21; Lugo, con sete; e Ourense, con catro.

Accidente mortal en Santa Comba (A Coruña).. GARDA CIVIL
Accidente mortal en Santa Comba (A Coruña).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta