Temas: ALLARIZ TURISMO

Malia a pandemia, Allariz resiste moi ben como destino turístico

Entre xaneiro e setembro deste 2020 unhas 16.051 persoas pasaron pola oficina de turismo. O 59 % dos visitantes chegaron de fóra de Galicia.

Por X.M. Fernández | Allariz | 29/09/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Tendo en conta as excepcionais circunstancias deste ano por mor da Covid-19, o peche da oficina de turismo durante case 2 meses e a redución do aforo do 50%  á hora de atender, o balance é máis que positivo, afirman os técnicos de turismo do Concello de Allariz.

Zona vella de Allariz. Foto: Xosé Manuel Fdez
Zona vella de Allariz. Foto: Xosé Manuel Fdez

Entre xaneiro a setembro deste ano pasaron pola Oficina de Turismo unhas 16.051 persoas. A meirande parte dos visitantes deste ano chegaron do resto do estado (59 %) sobre todo de Madrid, Castela e León e País Vasco. Os galegos e galegas supoñen un 38 % do total, principalmente da Coruña e de Pontevedra. As visitas en grupo supoñen un 7,6 % sobre o conxunto.

Entre os atractivos que fan de Allariz un destino turístico xa consolidado en Galicia e a nivel nacional eestán o Patrimonio, a natureza, a rede comercial, a hostaleira e un calendario de eventos interesante e variado ao longo do ano. Segundo explican os técnicos de turismo: “os/as visitantes achéganse ata Allariz atraídos principalmente polo casco histórico as tendas outlets ou os museos, ademais da programación cultural e lúdica".

Houbo gran demanda de actividades ao aire libre coma foron o Roteiro Arqueolóxico de Santa Mariña, as visitas ás escavacións da Cibdá romana de Armea e as guiadas ao Casco Histórico de Allariz que se realizaron todos os sábados do mes de agosto.

Os museos tamén foron visita obrigada e tanto comercio como hostalería amosaron a súa satisfacción por "unha tempada que ninguén esperaba que fose tan positiva e con tanta afluencia de xente na vila".

Temas: ALLARIZ TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta