Seguen aumentando os contaxios nas residencias

Soben a 320 tras catro novos positivos e dous mortos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2020 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Os usuarios de residencias con Covid-19 aumentaron a 320 este luns tras detectarse catro novos positivos e dous falecementos nos centros As Salinas en Ourense e en Outeiro de Rei (Lugo).

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Política Social, detectáronse tres novos positivos na residencia de maiores DomusVi Lugo en Outeiro de Rei, que suma 131 usuarios contaxiados; así como outro na residencia das Salinas de Ourense, con 14 casos.

Deste xeito, a residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei suma 131 casos positivos; a do Incio, 57; a Residencia Nosa Señora do Viso de Lobeiro, 46; a Ballsesol de Oleiros, 33; o Fogar Residencial El Pinar (Culleredo), 21; a das Salinas (Ourense) rexistra 14; a Residencia Santa Marta de Vigo, 13; dous na residencia DomusVi Lalín e un en cada unha das residencias Torrente Ballester da Coruña, Residencia Arteixo e Residencia El Pilar.

En canto aos traballadores afectados en residencias mantéñense en 119 como a xornada anterior. O persoal con máis contaxios é a da residencia do Incio, con 35 empregados con PCR positiva, e a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, con 24. Seguen a estes a de Nosa Señora do Viso (14), El PInar de Culleredo (7), As Salinas de Ourense (4) e Santa Marta de Vigo (3).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade manteñen un total de 24 usuarios contaxiados, sen cambios con respecto a este domingo. Deles, a residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, acumula 23, e o centro Pai Menni de Betanzos (A Coruña) segue cun caso.

Neste tipo de instalacións hai, ademais, 21 traballadores infectados de COVID, un máis que este domingo ao detectarse un contaxio nun da residencia de atención á discapacidade Padre Menni de Betanzos.

Fachada da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Fachada da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta