Rescatan a un motorista tras caer a un regato en Vilagarcía

O suceso tivo lugar ás 02.00 horas deste martes.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 29/09/2020 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencia rescataron na madrugada deste martes a un motorista que sufriu un accidente co seu vehículo tras o que se precipitou por un desnivel a un regato cando circulaba pola rúa de Marxión, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o 112 Galicia, os equipos de intervención apuntaron que todo indica a que o ferido caeu do vehículo e, debido á velocidade alcanzada no momento do impacto, "o motorista foi proxectado cara a unha pequena contorna fluvial". Con todo, o home puido ser rescatado consciente e evacuado a un centro hospitalario nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Este sinistro sucedeu sobre as 2,00 horas deste martes cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar de que atopara unha moto caída coas luces acesas. De acordo co relato da testemuña do suceso, escoitábanse berros de auxilio pero, na posición na que se atopaba, non era capaz de visualizar a orixe dos mesmos.

Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos servizos de Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Vilagarcía e Protección Civil da localidade. Ao chegar ao lugar dos feitos, os equipos de emerxencia localizaron ao accidentado e procederon a trasladalo a un centro hospitalario. Por parte do 112 tamén se pasou aviso aos axentes da Policía Local.

Moto que sufriu un accidente
Moto que sufriu un accidente | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta