Marea Atlántica anuncia un proceso de renovación para acaptarse "ao momento político actual"

Anuncia unha xuntanza da rede para a semana do 12 ao 18 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/09/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica reunirá ao seu máximo órgano de decisións, a Marea Viva, nun proceso que comezará antes de que termine este ano, segundo informa. O obxectivo, explica, será adaptar a estrutura e o proxecto estratéxico da organización ao momento político "actual".

A portavoz da Coordinadora, Inés Cebreiro, comunicoullo este luns á súa asemblea, a Rede, e anunciou que as tarefas para organizala comezan este martes. A organización da Marea Viva recae nunha comisión de traballo, "aberta a todas as persoas da organización que desexen participar". "Esta comisión estará encargada de propor o formato e a estrutura, das tarefas loxísticas, de dinamización e de seguridade para permitir que o evento poida levar a cabo coas limitacións obrigadas pola pandemia", aclara.

O prazo para sumarse está aberto ata a convocatoria da próxima Rede, que está prevista para a semana do 12 ao 18 de outubro. Nesa asemblea someterase a aprobación a composición do novo órgano.

"A celebración desta Marea Viva é un deber fixado polos estatutos da Marea Atlántica", lembran desde a organización, que precisan que estaba previsto realizala antes do verán, "pero o confinamento obrigou a pospola".

Asemblea da Rede de Marea Atlántica sobre as eleccións autonómicas. MAREA ATLÁNTICA
Asemblea da Rede de Marea Atlántica sobre as eleccións autonómicas. MAREA ATLÁNTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta