A Xunta dálle un toque de atención a Jácome para que se implique "na observancia das medidas de restrición"

A cidade das Burgas aumula máis do 50 por cento dos casos da provincia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/09/2020 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ourense pediu este martes aos responsables municipais da capital ourensá, que rexistra varios brotes de coronavirus Covid-19, "máxima implicación na observancia das medidas de restrición en vigor".

Así o informou a área sanitaria ourensá tras a reunión mantida na mañá deste martes no Concello de Ourense entre o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, e os responsables directos da asistencia sanitaria pública e da saúde pública.

O encontro, puntualizaron as mesmas fontes sanitarias, responde á "solicitude de información e consulta, por parte deste concello, para coñecer de primeira man a evolución epidemiolóxica e a oportunidade de celebrar os eventos masivos programados".

Por parte da área sanitaria explicouse que a situación epidemiolóxica do municipio de Ourense, que acumula máis do 50 por cento dos casos da provincia, "continúa sendo preocupante, cun aumento constante de casos, a pesar das restricións implantadas" en todo o municipio. "E con maior intensidade nun dos seus barrios, situación única neste momento na Comunidade Autónoma", engade. A iso suma o "risco" do perfil de poboación, "unha das máis envellecidas do Estado", subliñan as mesmas fontes.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. OURENSE - Arquivo
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. OURENSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta