O HULA recibe o 'Premio Nacional de Medicina Siglo XXI' á mellor atención hospitalaria

O centro ve neste galardón un "estímulo" para seguir o traballo a favor da sanidade pública.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 29/09/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo recibiu o 'Premio Nacional de Medicina Siglo XXI, de 'El Suplemento', á mellor atención hospitalaria, galardón que ve un "estímulo" para seguir o traballo a favor da sanidade pública.

Así o sinalou o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, quen foi o encargado de recoller este premio no transcurso dunha gala en Madrid e que dedicou a "todos os profesionais que traballan en primeira liña nesta pandemia", informou a área sanitaria.

Ares Rico subliñou que esta distinción supón "un estímulo para seguir traballando a favor da sanidade pública e da mellora da saúde das persoas, sobre todo nun momento tan crucial" como o actual pola pandemia da Covid-19.

Durante a entrega, o doutor Ares Rico destacou que o HULA, inaugurado en 2011, atende a unha poboación de máis de 200.000 habitantes no seu distrito sanitario e é referencia para os 330.000 habitantes da provincia, que conforman a área sanitaria.

Ademais, resaltou que con máis de 800 camas, dispón dunha carteira de servizos "completa", cunha "importante e actualizada dotación humana de máis de 3.200 profesionais (18% deles facultativos) e unha moderna e ampla dotación técnica", puntualizou a área sanitaria.

O HULA recibe o Premio Nacional de Medicina Século XXI á mellor atención hospitalaria.. HULA
O HULA recibe o Premio Nacional de Medicina Século XXI á mellor atención hospitalaria.. HULA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta