Sen positivos na residencia Quercus de Leiro logo doutro cribado entre traballadores e residentes

Actualmente en Galicia, segundo os últimos datos actualizados pola Xunta este martes, as residencias de maiores teñen 321 usuarios e 117 empregados contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/09/2020 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

O cribado realizado a traballadores e residentes da Residencia Quercus do municipio ourensán de Leiro saldouse sen máis positivos que o xa detectado.

Así o confirmou este martes a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, que destacou que do cribado realizado "a todos os traballadores e residentes da Residencia Quercus de Leiro non se detectaron máis positivos".

Ata o momento, a Consellería de Política Social incluíu na listaxe de positivos un traballador desta residencia de Leiro. Actualmente en Galicia, segundo os últimos datos actualizados pola Xunta este martes, as residencias de maiores teñen 321 usuarios e 117 empregados contaxiados.

Un traballador sanitario realiza unha proba PCR a unha persoa, e unha foto de arquivo. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario realiza unha proba PCR a unha persoa, e unha foto de arquivo. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta