Temas: 061 ACCIDENTE

Ferido un albanel na Estrada ao caer dun tellado onde estaba a traballar

O albanel accidentado atopábase nun inmoble do lugar de Aldea Grande, momento no que sufriu unha caída de altura que lle fixo perder a consciencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido tras precipitarse desde o tellado dun alpendre no que estaba a traballar, nunha casa do municipio da Estrada.

O albanel accidentado atopábase nun inmoble do lugar de Aldea Grande, momento no que sufriu unha caída de altura que lle fixo perder a consciencia.

Así o relataba un particular sobe as 16,00 horas ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente. O persoal do 061 acudiu ao lugar do accidente a bordo helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar ao ferido ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC).

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Este mesmo martes, sobre as 13,00 horas, realizouse outro traslado en helicóptero, debido a unha persoa afectada por unha picadura de avespa en Trazo, en concreto un veciño do lugar de Vilar.

Temas: 061 ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta